28 de abril: Temos motivos

28 de abril: Temos motivos

28 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o lema "Temos motivos" os sindicatos CCOO e UXT concentráronse este mediodía na Praza Amada García, en Ferrol, diante do edificio da Xunta de Galicia. A asbestose, o mal do naval, sae á palestra todos os anos neste Día da saúde e a seguridade no traballo.

Dia 28 de abril. Conmemórase o  “Dia mundial da saúde e da seguridade no traballo”  A consellería de Traballo informa que a sinistralidade laboral en Ferrolterra reduciuse nun 7% no que vai de ano. Pero os sindicatos siguen  reclamando nesta data un maior control por parte das institucións, asegurando que as cifras son altas a pesar da baixada da actividade laboral e as empresas non poden baixar a garda en prevención por moita crise que vivamos. 72 mortes no traballo en Galicia no ultimo ano, 3 tres accidentes diarios e 25.000 feridos. Os sindicatos siguen alerta. 
 

Os accidentes saen nos xornais pero algo que non se ve a primeira vista son as enfermidades laborais, aquelas producidas polo exercicio continuado dun determinado traballo.  CCOO convocou ás 11 da mañán na sua sede de Ferrol aos seus delegados e aos afectados pola asbestose, doenza común nos estaleiros da ría polo contacto continuado durante moitos anos co amianto. O secretario comarcal de Comisions Obreiras, Xulio Abelleira, non se explica que se quera ocultar isto cando os traballadores están morrendo un tras outro.


Para que os familiares non teñan que enfrentarse individualmente aos xulgados, os sindicatos reclaman  a creación dun fondo de compensación destinado a ese fín así como a ubicación dun centro de referencia.
CCOO  e UXT concentráronse este mediodía diante do edificio da Xunta de Galicia baixo o lema “Temos motivos”

Sociedade