29 de marzo. Unha folga distinta.

29 de marzo. Unha folga distinta.

23 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A folga con maior unidade sindical en Ferrol. A folga da maioría social, con apoio dos pequenos empresarios. Preséntase así a folga xeral do xoves 29 de marzo, segundo explicou esta mañá o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, quen asegurou que se trata da folga máis importante da historia da democracia. Un parón reivindicativo de 24 horas fronte á política do capital que “machaca” os dereitos m&aacu

A xornada do 29 de marzo suporá, segundo Pintos, o “inicio da concienciación da clase traballadora sobre os recortes que o capital está a realizar cos nosos dereitos”. Para evitar que nos teñan de xeonllos, o 29 ten que ser un día de rebelión e protesta, manifestou o sindicalista, quen esta mañán cualificóu a folga de “distinta”.

Pola súa banda, desde a CIG, afírmase que todo o mundo entende que coas políticas do PP, coa sua Reforma Laboral, ninguén vai obter ningún beneficio. Manuel Grandal afirma que esta vai ser “a folga da maioría social”. Tanto a CIG, como UXT e CCOO apoian e traballan conxuntamente na protesta. As tres centrais sindicais participarán nos mesmos piquetes informativos xa que “agora máis que nunca se necesita a unidade”, sinalaron desde a Confederación Intersindical Galega.

Aclarou Pintos que “no único que diferimos é na mensaxe. Nós pedimos a retirada da reforma laboral; CCOO e UXT queren sentarse a negociar e os dereitos non se negocian”. Esa diferenza de discurso levaráos o 29 de marzo a desenvolver as súas manifestacións por separado. A da CIG sairá á unha da tarde do seu local en Esteiro. Unha hora antes manifestaranse UXT e CCOO dende o Inferniño.

Sociedade