3 puntos menos de participación ás 12 do mediodia

3 puntos menos de participación ás 12 do mediodia

01 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A normalidade e a tranquilidade presiden esta xornada de eleccións autonómicas de Galicia. As mesas electorais abriron sen incidencias as nove da mañá. A participación ás doce da mañá, era sensiblemente inferior á de hai catro anos. Acudiron este mediodia a votar no conxunto de Galicia o 15,80%  do censo, tres puntos menos que nas pasadas eleccións. O conselleiro da Presidencia Méndez Romeu relativizou a imp

Os lideres políticos votaron ás 11 da mañá. O candidato do Partido Popular Alberto Núñez Feijoo salientou a importancia destes comicios e manifestouse satisfeito por ser a primeira vez que concorre como candidato á Presidencia da Xunta. O candidato do PSOE Emilio Pérez Touriño apelou á responsabilidade dos cidadáns para participar nestas eleccións, de xeito libre e responsable. Polo BNG Anxo Quintana animou aos galegos e galegas a votar, indicando que precisamos da opinión de todos e de todas.

Sociedade