30 anos de ensino secundario

30 anos de ensino secundario

18 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O instituto Xulián Magariños xa ten practicamente perfilado o programa de actos co gallo dos trinta anos da chegada do ensino secundario á comarca de Barcala. Unha efeméride a celebrar o sábado, día 3 de decembro, e que principiará ás doce da mañá cun acto académico no propio centro, precedido dos pasarrúas da Banda Municipal.

O acto principal, segundo informan Adelino Pose Reino e X. Amancio Liñares Giraut, director e vicedirector do Xulián Magariños, incluirá a descuberta dunha placa conmemorativa, así como a inauguración da sede do Centro de Estudos e Investigacións Barcaleses (Ceibar), cuxos locais están sendo acondicionados na antiga vivenda do conserxe.

Logo do acto académico desenvolverase un concerto no auditorio do centro sociocultural para que, a partir das tres da tarde, comence un xantar de confraternidade no restaurante Tamara aberto á participación de exalumnos e antigos profesores.

As reservas para asistir a esta comida pódense facer no propio restaurante Tamara ata as dez da noite do próximo 29 de novembro. O menú, cun prezo de 20 euros, está composto por entrantes, langostinos á prancha, tenreira asada, ademais de sobremesa, viño e café.

Cultura