30 anos dende as primeiras eleccións municipais

30 anos dende as primeiras eleccións municipais

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Salón de Plenos do pazo municipal ferrolán acollerá este venres dia 3 unha sesión extraordinaria, a partires das 11 horas, á que confirmaron asistencia practicamente todos os alcaldes democráticos da cidade. Só desculpou a súa ausencia Alfonso Couce Doce, nunha lista na que non faltarán Manuel Couce Pereiro, Juan Blanco, Xaime Bello, Juan Juncal e Vicente Irisarri.

O 3 de abril de 1979 celebraronse as primeiras eleccións municipais democráticas, ao amparo da Constitución de 1978. A cidadanía entraba por primeira vez nos Concellos, Deputacións, os seus gobernos máis próximos, e pasaron a dirixilos. Foron os protagonistas do proceso de normalidade democrática que daba comezo no noso país. Así reza o inicio da Declaración Institucional da Federación Española de Municipios e Provincias á que o Concello de Ferrol se pretende sumar este venres, coincidindo con esa data histórica.    Precisamente, o rexedor actual sinalaba esta mañá que o acto responde ao chamamento realizado pola propia FEMP e estará aberto á cidadanía. Aproveitou a ocasión para facer unha invitación moi especial a todos os concelleiros e concelleiras que entregaron o seu traballo ao progreso de Ferrol durante estes anos, tanto no goberno como na oposición.

Así mesmo, Vicente Irisarri avanzou que neste emotivo pleno se renderá unha sentida homenaxe a todos os membros da primeira corporación municipal democrática.O alcalde convocou o xoves unha xunta de voceiros na que todos os grupos municipais consensuarán o desenvolvemento do pleno extraordinario. Un pleno que chega 30 anos despois da posta en marcha de políticas públicas locais transformadoras. 

Sociedade