3665 euros para as narracións breves do Manuel Murguía

3665 euros para as narracións breves do Manuel Murguía

05 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Concello de Arteixo convoca o 19º Certame Manuel Murguía de Narracións Breves. Establécese un único premio dotado con 3.665 euros. Os relatos deben ser orixinais e inéditos, dunha extensión non inferior aos 15 folios nin superior aos 30. As obras deben enviarse antes do 1 de marzo, e o xurado fará pública a súa decisión no mes de maio.

Os traballos presentaránse por cuadriplicado e baixo plica ao seguinte enderezo:
Concello de Arteixo
Praza Alcalde R.Dopico,1
15142 Arteixo (A Coruña)

O ano pasado o premio do certame Manuel Murguía foi para o relato Caída de Abraham Rosenblath, escrito por Samuel Solleiro.

Cultura