400 atletas participan na carreira popular Vila de Redondela

400 atletas participan na carreira popular Vila de Redondela

29 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Akka Essaadaoui e Samia Zaudi triúnfan na II Carreira popular Vila de Redondela. Un total de 400 corredores participaron nunha proba na que tamén resultaron premiados Julia Vaquero e Rafael González Gómez, que se impuxeron na categoría de maiores de 35 anos.

Nun ambiente onde primou a deportividade disputouse na mañá de onte a II carreira popular Vila de Redondela organizada pola piscina municipal en colaboración co Concello. Superáronse todas as previsións e foron preto de 400 os corredores que participaron na marcha que percorría seis kilómetros entre o casco urbano ata a punta de praia de Cesantes para regresar ao punto de partida.

Afeccionados e semiprofesionais déronse cita nunha proba cuxo obxectivo principal é a promoción do deporte e que enchía a vila de atletas dende primeira hora da mañá. O vencedor absoluto foi Akka Essaadaoui quen percorreu os seis kilómetros da proba en tan só 18 minutos mentres que a primeira muller en chegar a meta foi Samia Zauli do Club de Atletismo de Porriño 22 minutos despois do inicio da carreira. En veteranos impuxéronse Julia Vaquero e Rafael González Gómez.

Deportes