ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A parróquia de Maniños en Fene (A Coruña) celebra este domingo a romería do Pote. 400 quilogramos de mexillóns repartiránse entre os asistentes á cita festiva. As actividades comezarán ás once da mañá cunha exhibición de chave e xogos para rapaces e rapazas. A unha do mediodia comezará a servirse a degustación de mexillóns ao vapor e á vinagreta.
As racións do molusco bivalvo despacharánse a prezos populares, segundo sinalou o presidente da asociación O Pote Gerardo Pérez Sás. A banda de gaitas de Ares animará o campo da festa de Maniños durante toda a xornada e a orquestra Fusión arrufará a verbena nocturna. Nos arredores dos locais do Pote e máis da pista polideportiva municipal instalaránse numerosas merendas para gozar co día de romería. A xuventude montará as súas casetas xa na noite do sábado, segundo veñen realizando nos últimos anos.
A primeira romería do Pote celebrouse o 17 de setembro de 1933, tendo como particularidade o seu carácter laico, ao non estar adicada a nengún santo. Naquela ocasión actuou o Coro Toxos e Froles de Ferrol, que inaugurou o palco do campo da festa de Maniños. Máis tarde a comitiva trasladouse á casa do doutor Borrás, onde se izou a bandeira republicana e se lle ofreceu unha recepción aos membros da agrupación coral. Nos anos 60 achegábase ao Pote xente de toda a provincia da Coruña e de Lugo. Calcúlanse en 20.000 as persoas que participaban dun ou doutro xeito cada ano nesta romería.