44 rapaces e rapazas participaron na primeira das Noites psicoeducativas

44 rapaces e rapazas participaron na primeira das Noites psicoeducativas

10 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Esta fin de semana deu comezo a segunda edición das Noites do Programa Faro, financiadas pola Deputación e organizadas polo Concello de Ordes, a través da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade que dirixe José Manuel Tobío. Corenta e catro rapaces e rapazas entre 12 e 18 anos participaron nas actividades programadas na noite do sábado, rachando co mito de que para divertirse hai que consumir alcol.

Están programados outros dous días, os sábados14 e 21 de maio, entre as 21:30 a 0:30 horas da noite no pavillón municipal do Paraíso. Algunhas das actividades previstas son: grafitti, elaboración de cócteles sen alcol, obradoiro de maxia, misión imposible, etcétera.

A mocidade que queira participar aínda está a tempo de facelo, ata o venres anterior a cada sábado programado. A participación é gratuíta.  

Para a inscrición ou máis información: Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ordes(Alfonso Senra, nº 108 Ordes; Teléfonos: 981 680 002 / 627 983 619).

Sociedade