ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unhas 500 persoas mollaronse polos ríos na VIII Limpeza simultánea celebrada onte domingo en toda Galiza. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos co mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados. Por exemplo no concello de Fene acudiron á chamada de Aetna e do propio concello un total de 35 persoas que limparon os ríos Cádavo e Baa. Recolle
A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 43 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 54 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino...) e tamén 5 concellos que organizan directamente esta actividade. Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade contamos coa colaboración de a Fundación Biodiversidad, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Coruña, A Estrada, Ames, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo e Tomiño. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso se fan actividades como esta.