505 anos da batalla de Altamira

550 anos da batalla de Altamira
21 de Xullo, 2020 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

A Deputación da Coruña recupera a historia da batalla de Altamira. O volume difunde un episodio histórico de 1471 aínda pouco coñecido na comarca da Maía. A iniciativa é o punto de partida das actuacións para a posta en valor das Torres en Brión.

As historiadoras Mercedes Vázquez e Mª Pilar Rodríguez son as autoras do libro "A batalla de Altamira. A historia dun territorio estratéxico: As Torres de Altamira", un volume publicado pola Deputación da Coruña que ao longo de cen páxinas adéntrase nun episodio case descoñecido pero fundamental para a recuperación da memoria da comarca da Maía e da historia galega. A iniciativa é un paso máis na recuperación e posta en valor das Torres de Altamira ao que seguirán actuacións de conmemoración e mellora do monumento.

"A pandemia fixo que fose necesario cancelar a festa de recuperación histórica que estaba prevista mais contamos con que o ano que ven inauguremos esta celebración da nosa historia á que queremos convidar á toda a veciñanza da comarca e tamén a quen gusta de participar neste tipo de encontros festivos que se organizan arredor da nosa historia", explica o deputado provincial, Xosé Luís Penas, instigador da publicación. O coranavirus obrigou tamén a cancelar a celebración prevista para a presentación e difusión do volume que quedou adiada para setembro cando, ademais do acto oficial coas autoras, se organice unha festa con concerto nas propias Torres de Altamira.

No prólogo do libro, Xosé L. Penas Corral apunta que o proxecto de conservar e coidar as torres é unha realidade que agardan resolver no 550 aniversario da Batalla de Altamira, batalla que terá o que até agora non tivo; unha lembranza merecida e necesaria, unha lembranza que sitúe o seu nome na memoria do País. "Con este volume queremos que a historia da Batalla de Altamira e as propias Torres chegue á sociedade e, de maneira especial, á veciñanza de Ames e Brión, concellos especialmente vinculados a este episodio histórico e ao monumento ao que se refire", sinala o deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas.

(Na imaxe, aspecto actual das torres de Altamira)

Cultura

Publica o teu comentario agora