6 de xuño de 1944- DIA D-

6 de xuño de 1944- DIA D-

02 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O fotoxornalista ferrolán Luis Polo presenta na Casa da Cultura de Fene a exposición “6 JUIN 1944 (DÍA D)”
A mostra recolle unha colección de fotografías realizadas nos principais escenarios do famoso desembarco de Normandía. Impactantes e sobrecolledoras imaxes que, dende mañá venres, se poderán ver na Casa da Cultura de Fene. A nova exposición, asinada polo fotógrafo Luis Polo,  poderá visitarse do

“6 JUIN 1944 (DÍA D)” recolle unha quincena de imaxes -tomadas en 2005-  nas que se documentan os principais escenarios do famoso desembarco das tropas aliadas en Normandía o 6 de xuño de 1944. Trátase, na súa meirande parte, de fotografías realizadas nas praias nas que desembarcaron as diferentes tropas militares e de cemiterios, coma o militar americano de Saint James, o de Omaha (onde se levanta un monumento conmemorativo) ou o alemán de La Cambe. A estas fotografías súmanse tamén as de restos da batalla, como as baterías de Azeville e Crisbeg.

Luis Polo (Ferrol, 1974) cursou os estudos de Fotografía Profesional na academia PC Carrier de A Coruña. Dende o ano 2004, adícase ao fotoxornalismo, traballando nos últimos anos no xornal Diario de Ferrol.

Sociedade