6 minutos e 40 segundos de creatividade comprimida

6 minutos e 40 segundos de creatividade comprimida

02 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Teatro Jofre acollerá este venres ás 22.20 horas a cuarta edición da Pecha Kucha Night, na que se presentarán proxectos de catorce profesionais ou creativos. A Pecha Kucha Night é un formato de presentación multidisciplinar xurdido en Tokio no ano 2003 que se diferencia polo seu formato 20x20, no que cada poñente dispón unicamente de 20 imaxes e 20 segundos para comentar cada unha delas.

Nesta cuarta edición presentaranse un total de 14 ponencias sobre ámbitos tan diferentes como o cine, a arte, a medicina, arquitectura, o “coaching empresarial” ou as enerxías renovables. Este encontro de talentos está promovido pola asociación Mjoy e STGO.es en colaboración co Concello de Ferrol e servirá unha vez máis para que diversos artistas dean a coñecer ao público o seu traballo en disciplinas moi diversas.  

Os protagonistas desta Pecha Kutcha Night serán Troposfera (medio ambiente), Juan Sousa (enxeñería industrial), David Fernández (márketing), Teterella (teatro), Matilde Pedreira (danza), Pablo Portero (cine), Miguel Reimúndez (arquitectura), Roberto Rodríguez (coaching empresarial), Manuel Herrero (arquitectura), Antonio García (medicina), Brais Gen (fotografía e deseño), Grupo Motor (participación cidadá), Picos do Sol (enerxías renovables) e a Sociedade Galega de Historia Natural (astronomía).

Cultura