60 anos de vida

Reuníronse por primeira vez hai dez anos cando cumpriron o medio século.
20 de Setembro, 2019 - 08:50 h. | Publicada por Radio Fene

"Uns amigos e amigas do término municipal de Fene cumprimos neste ano 60 anos e xurdeunos a idea de facer unha xuntanza para lembrar tempos da infancia". Así se presentan os organizadores da cea.

ESCOITA O PODCAST:

Hai un bo número de persoas nacidas en Fene en 1959. Quere isto decir que cumplen 60 anos en 2019. Uns cantos decidiron festexalo, o mesmo que fixeron hai dez anos por primeira vez ao cumplir medio século. Reuniranse dentro dun mes, o 19 de outubro no CMI Unidade de Fene nunha cea para lembrar tempos da infancia, da escola, do cine Franlaza… Non exclúen a ninguén que queira participar aínda que non cumpla esactamente 60 anos. Hai un teléfono ao que poden chamar, o 629305516.

Entre os organizadores están Xosé Saavedra e Antonio Castro (Cuqui). Sobre o que a vida lles deparóu a eles e a outros dos que participaron na primeira xuntanza hai dez anos, falamos en Radio Fene a onde acudiron para convidar a quen quera participar destes recordos con eles. Amais dun menú atractivo, terán música en directo e máis dunha sorpresa. Confesaron que acude xente que na actualidade vive en Ourense. E tamén lembraron e lamentaron que algúns dos amigos quedaran no camiño. Algúns están aínda en activo, outros como Saavedra xubilados.

Algúns xa cumplironos 60, outros como Antonio Regueiro- que tamén se achegou aos micrófonos de Radio Fene- están a punto de cumprilos. En fín, parabéns polos 60 e pola amizade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora