6.000 euros en premios no concurso dos Maios

6.000 euros en premios no concurso dos Maios

17 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A concellería de cultura de Redondela ten aberto ata o vindeiro 30 de abril o prazo de inscrición para participar no concurso dos Maios deste ano. Cada participante recibirá 40 euros e poderán optar ademais a diferentes premios que van dende os 70 aos 125 euros nas categorías de maio tradicional, maio artístico, mellor interpretación e mellores coplas.

Neste apartado, o xurado terá en conta a retranca, o inxenio, o ritmo e a linguaxe empregada polos participantes, mentres que no apartado de interpretación valoraráse o vestiario, a posta en escea, a sincronizacións e a afinación das voces así como a utilización de elementos de acompañamento como paos, pandeiros, etc.. e o uso de prendas que estean de acordo co modelo tradicional (boina, camisa branca e pantalóns con remendos).

 

Competirán no apartado de maio tradicional os construídos empregando materiais como madeira, laranxas, ovos, xestas ou fiúncho, mentres que no maio artístico poderase empregar calquer tipo de material.

 

Os interesados deberán formalizar as súas inscricións no Multiusos da Xunqueira antes de finalizar o mes, en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Cultura