75 anos de Ana Kiro

75 anos de Ana Kiro

19 de Xaneiro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A cantante María Xosé Silvar Sés realizoulle a pasada semana en Narón unha homenaxe a Ana Kiro. Manifestou Sés que pode gustar ou non  o tipo de música que facía a cantante natural de Arzúa. Pero o que é indiscutible é que soubo reivindicar con dignidade o papel da muller nos escenarios. E tamén reclamou respecto para a lingua galega en momentos especialmente difíciles. A vindeira semana cumpriría 75 anos.

Ana Kiro naceu o 24 de xaneiro de 1942 e morreu o 24 de setembro de 2010.

Sociedade