80 anos de romería laica

80 anos de romería laica

26 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O orfeón Treixadura participou na romería do Pote que cumpriu 80 anos na parróquia de Maniños (Fene A Coruña). A comisión de festas organizou un evento moi participativo que se desenvolveu ao longo da fin de semana. Na xornada do domingo, a choiva respetou a celebración e as merendas instalaronse nas proximidades do local da entidade. Todo rematou cunha verbena amenizada pola orquestra La Oca.

A Sociedade O Pote preparará nas vindeiras semanas a denominada “Operación Tellado”. Organizará diferentes actividades para recaudar fondos e sufragar a reposición da cuberta do local social. Entre os actos previstos, destaca unha cea baile na primeira semana de outubro.

Sociedade