800.000 euros para gastar

O pleno municipal de Fene celébrase esta tarde
01 de Outubro, 2020 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

Fene poderá dispor de 800.000€ para investimentos do remanente de tesourería, grazas á decisión adoptada polo goberno central de liberar os aforros. 

ESCOITA O PODCAST:

Fene poderá dispor do remanente de tesourería despois da decisión adoptada desde o goberno central. “Un diñeiro que nos vai permitir realizar actuacións durante este ano e o próximo” afirma o concelleiro de Facenda, Manuel Polo. Falamos duns 800.000€  remanente de tesourería que deixou o PP. O pleno ordinario de outubro celébrase ás seis desta tarde en Fene. A corporación amosará, con toda seguridade, o seu apoio institucional aos traballadores de GAMESA das Somozas, unha empresa que amaga coa súa deslocalización. Non haberá sorpresa na designación dos festivos locais, San Salvador e o mércores de cinza. Tampouco se agarda diferenzas na actualización da designación dos representantes municipais nos órganos colexiados, como por exemplo nos consellos escolares. 

Onde probablemente de produza máis debate, porque o PP xa amosou a súa discrepancia publicamente, é na modificación da subvención á Escudería Scratch Fene para a celebración do Slalom anual ao que antes o concello concedía 2.200€ e agora vai subvencionar con 10.000€. Manuel Polo argumenta que a pandemia impediu á asociación buscar os medios de financiamento necesarios para organizar a proba. O pleno comezará en Fene ás seis da tarde.

Institucional

Comentarios

El fundador y miembro actual de Scratch Fene, ¿no había sido casualmente concejal del BNG?
Nome: 
Toñín

Publica o teu comentario agora