Aínda restan prazas para os Campamentos de Arqueoloxía da Deputación

Aínda restan prazas para os Campamentos de Arqueoloxía da Deputación

24 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Campamento de Arqueoloxía do Museo Provincial de Lugo xa esgotou as súas prazas, polo que non haberá espazo para ningún rapaz de entre 9 e 13 anos. Sen embargo, desde a área de Cultura da Deputación Provincial, se informa de que aínda hai vacantes para esta actividade nos outros museos da rede.

Así, aqueles cativos que queiran aprender novas cousas sobre esta disciplina e contribuír ao descubrimento de novos achádegos patrimoniais poderán inscribirse para estes campamentos nos museos de San Paio de Narla, do 30 de xuño ao 3 de xullo, de 11.30 a 13.30 horas; no Museo Provincial do Mar, so 28 ao 31 de xullo, no mesmo horario; e no Pazo de Tor, do 1 ao 4 de setembro, tamén de 11.30 a 13.30 horas.

 

 

Para poder apuntarse ou recibir mais información poderase chamar ao teléfono do Departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo, concretamente o 982.24.23.00.

Sociedade