Abadín celebra mañá a VIII Edición da Ruta a Cabalo

Abadín celebra mañá a VIII Edición da Ruta a Cabalo

30 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os amantes do cabalo teñen unha cita ineludible mañá no concello chairego de Abadín. Preto de 60 xinetes arrancarán a ruta dende o Campo da Feira de Gontán. Os que queiran participar nesta actividade aínda o poden facer ó longo da xornada de hoxe.

A Asociación Ecuestre de Abadín “Os da Silla” encárgase de organizar cada ano a iniciativa da ruta a cabalo, que pasa por boa parte do municipio. Ata alí se van trasladar xinetes tanto do Concello coma doutros puntos como poden ser As Pontes ou de Asturias.

Dende o Campo da Feira de Gontán partirán ás 10.30 horas da mañá, nunha ruta que está pensada como paseo, non como competición. Así, poderán percorrer os principais montes de Abadín e dos Concellos colindantes.
Unha vez rematado o itinerario reuniranse para xantar e repoñer forzas ás 14.30 horas. Será no Bar da Feira de Gontán.

Malia que a celebración xa vai ter lugar mañá, aqueles ós que lles interese aínda están a tempo de inscribirse. O prazo remata esta noite e o prezo é de 20 euros, incluindo o xantar.

Sociedade