Aberta en Fene a Mostra do Liceo Europeo das Artes

Aberta en Fene a Mostra do Liceo Europeo das Artes

20 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xa podemos visitar na Casa da Cultura de Fene a exposición do Liceo Europeo das Artes, que reune obras de 12 pintores da comarca de Ferrol. O horario é de 10 a 13 horas e de 16 a 19h.

Os/as artistas Ana Ferreira, Antonio Rivas Pol, Avelino Castro, Carmen Soto, Carmen Torreiro, José Pena, Manuel Barro, Manuela Castro, María Dolores Parga, María Jesús Parga, Rafael Nadales e Teresa Barrós son os protagonistas da  exposición que se amosa dende onte e ata o vindeiro 7 de xaneiro na Casa da Cultura de Fene.

Sociedade