Aberto o prazo de inscrición do Celga 4 en Fene

Aberto o prazo de inscrición do Celga 4 en Fene

20 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene abre o prazo para a realización do curso de galego Celga 4. Todos os interesados/as terán que apuntarse ata o 19 de febreiro no Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude presentando a ficha de inscrición e a fotocopia do DNI. As prazas limítanse a 30 persoas segundo a orde de inscrición.

O curso do Celga 4 terá unha duración de 75 horas lectivas e é totalmente gratuíto. Para obter a acreditación do nivel de coñecemento e dominio da lingua galega, as persoas interesadas terán que realizar as probas correspondentes. Levaranse  a  cabo en maio e novembro de 2010. O prazo para estas probas remata o 25 de marzo para a de maio e o 7 de outubro para a de novembro.Para máis información e formalizar as inscricións teñen que acudir ao departamento de Cultura, Deportes e Xuventude, na Avenida Naturais 44, entrechán dereita ou no teléfono 981 340 366. 

Sociedade