Abre a oficina de turismo

Abre a oficina de turismo
15 de Abril, 2019 - 10:24 h. | Publicada por Radio Fene

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas nesta Semana Santa. O horario previsto é de mañá (entre as 10,30 e as 13 horas) e tarde (entre as 17 e as 19 horas), dende o xoves ata domingo.

Oficina de Turismo de Fene

A oficina está emprazada na Avenida Naturais de Fene e, nela, ofrecerase un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva. Veciños e visitantes terán nestas instalacións os programas e guías “Vén a Fene”, nas que se inclúen todas as actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ao longo do ano, tanto as organizadas polo Concello como aquelas que promove o tecido asociativo. O concelleiro de Promoción Económica Juan José Franco apunta que tamén se pon en servizo o seguinte número para consultas telefónicas: 981 34 40 82.

Institucional

Publica o teu comentario agora