Abre a oficina de turismo

Coa chegada do bo tempo nótase un gran aumento de peregrinos polo Camiño Inglés ao seu paso por Fene
30 de Maio, 2019 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

A Oficina de Turismo de Fene abre as súas portas a partir deste sábado e por espazo de catro meses, ata o remate de setembro. Atenderá ao público de martes a sábado en horario de mañá –de 9 a 13,30 horas- e tarde –de 17 a 20 horas-

O Concello de Fene abrirá este sábado, 1 de xuño, a Oficina Municipal de Turismo. O horario previsto é de mañá (entre as 9 e as 13,30 horas) e tarde (entre as 17 e as 20 horas), de martes a sábado. A oficina está emprazada na Avenida Naturais de Fene e nela ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia aos visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio e tamén a programación cultural e deportiva. Así mesmo, veciños e visitantes terán nestas instalacións os programas e guías “Vén a Fene”, nas que se inclúen todas as actividades e propostas de ocio que se celebrarán no municipio ao longo do ano, tanto as organizadas polo Concello como aquelas que promove o tecido asociativo. A oficina estará operativa durante catro meses ata fin de setembro, e o Concello conta cunha achega da Deputación para a súa posta en marcha.

Institucional

Publica o teu comentario agora