Abril Fado Atlántico, un proxecto que madura

Abril Fado Atlántico, un proxecto que madura

19 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Abril Fado Atlántico, un dos grupos máis singulares e personais do panorama musical made in Ferrolterra, de ser proxecto, pasou xa a ser unha proposta madura e exitosa. O sabado 20 de febreiro actuan na Sala Run Rum de Ferrol ás 23h.

Despois podemos velos en Ferrol ata en tres escenarios máis. O dia 26 no auditorio do Vicerreitorado; o dia 6 de marzo no Ateneo ferrolán e o dia 13, no restaurante “A Cociña portuguesa”. Os musicos, Daniel Adzemian , Noelia Santos, José Calabuig e Daniel Pérez, acompañáronnos nos estudios de Radiofusión, para valorar a traxectoria do grupo no terceiro aniversario que cumprirán no mes de Abril.

En directo, nos estudios de radiofusión, sacaron onte á tarde as guitarras, o contrabaixo e a voz, que semella portuguesa- sendo de Perlio- de Noelia Santos. Podedes escoitar  o “Tal vez” tema con letra de Aurora Varela e musica de Daniel Adzemián.  E sempre podedes mercar o seu CD "Pazo da Mercé" gravado no 2009 neste emblemático inmoble de Neda.

Sociedade