Abrir a billa

A parroquia de Magalofes ten máis perto o abastecemento de auga, unha vez que se retoma o proxecto.
06 de Febreiro, 2019 - 02:23 h. | Publicada por Radio Fene

O proxecto da auga para Magalofes e San Marcos está mais perto, cando menos retomouse. Esta mañá encargouse á empresa redactora a súa actualización e deuse vía libre para a compra do terreo onde se ubicarán os depósitos.

ESCOITA O PODCAST:

A AVV de Magalofes acolleu esta mañá a reunión de varias administracións para estudar o proxecto de suministro de auga á parroquia de Magalofes e San Marcos. Na xuntanza participaron o presidente da Asociacion Veciñal, o alcalde de Fene, o enxeñeiro redactor do proxecto, o presidente da Deputación e o Xefe territorial da Xunta de Galicia. Na reunión deuse conta da partida reservada para a compra dos terreos nos Orzamentos de 2019, que xa son definitivos despois de transcurrido o periodo de alegacións. Tamén se falou da idoneidade da parcela elexida que cumple todos os requisitos legais e xeográficos para o cometido que terá, albergar os depósitos de suministro de auga. As xestións levadas a cabo co propietario que pide 4.300 euros por unha superficie de 2.500 metros cadrados xa están realizadas tamén. Segundo aclarou Gumersindo Galego, o proxecto inicial ten dez anos porque foi redactado en 2008. Polo tanto o primeiro paso será actualizalo e despois volverá a convocarse unha nova xuntanza para ver a aportación que pode facer cada administración. O custo do anterior proxecto de 2008 alcanzaba o millón de euros, co IVE incluído. Despois de todo este tempo supónse que agora o custe será algo máis elevado.

Institucional

Publica o teu comentario agora