A A.C. Feixó de Araúxo abre o prazo de participación na III Mostra de Teatro non Profesional do Miño

A A.C. Feixó de Araúxo abre o prazo de participación na III Mostra de Teatro non Profesional do Miño

13 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Guarda e Goián, no concello de Tomiño, acollerán un ano máis a Mostra de Teatro non Profesional do Miño que neste 2009 chega á súa terceira edición. Un evento que se está a converter en referente da primavera cultural do Baixo Miño e que se celebrará entre o 24 e 26 de abril. Previamente, a Asociación Cultural "Feixó de

A Mostra de Teatro non profesional do Miño continuará mantendo o rumbo transfronteirizo que asumiu con convicción o ano pasado. Deste xeito, participarán compañías non profesionais chegadas de calquera punto de Galicia e de Portugal.

 

Bases polas que se terán que rexer todas as compañías participantes:

1ª A Mostra de Teatro do Miño é organizada pola Asociación Cultural Feixó de Araúxo.

2ª A Mostra celebrarase nas vilas de Goián e A Guarda os días 24, 25 e 26 de abril de 2009.

3ª Poderá presentarse a esta convocatoria calquera grupo de teatro non profesional (escolar e afeccionado) con obras en lingua galega ou portuguesa.

4ª Para participar deberán enviar, antes do 21 de marzo do 2009 a seguinte información:

-Datos do grupo (nome, enderezo, teléfono de contacto,e-mail).

-Título da obra, autor e sinopse da mesma.

-Condicións técnicas necesarias para a representación.

-6 copias gravadas en DVD da obra completa que se presenta á Mostra.

5ª Os grupos poden presentar máis dunha obra pero só poderá ser seleccionada unha por cada grupo.

6ª Esta documentación deberán remitila ao seguinte enderezo:

Asociación Cultural Feixó de Araúxo

Mostra de Teatro do Miño

Paseo de Portugal, 21

36780 A GUARDA

GALIZA

7ª O xurado encargado de valorar os traballos presentados estará constituído por:

- A Presidenta da Asociación Cultural Feixó de Araúxo ou a persoa en quen delegue.

-Profesionais do teatro galego e portugués.

-Unha persoa designada polas institucións patrocinadoras.

8ª De todas as obras que se presenten, o xurado escollerá seis, que serán as que participen na Mostra. Esta decisión comunicaráselle unicamente aos grupos seleccionados antes do día 14 de abril.

9ª A cada un dos grupos seleccionados para participar outorgaráselle unha subvención de 700€ e un galardón conmemorativo da Mostra.

10ª Destes grupos, aquel que obteña mellor valoración do público asistente obterá un premio especial do público de 1000€.

11ª A organización desta Mostra resolverá calquera circunstancia que non estea prevista nestas bases.

12ª O feito de participar nesta Mostra, implica a aceptación de todas e cada unha das bases.

Cultura