Acaba unha etapa

Acaba unha etapa
24 de Setembro, 2019 - 12:47 h. | Publicada por Radio Fene

O Supremo avala por unanimidade a retirada dos restos de Francisco Franco do val dos Caídos. Os maxistrados desestimaron por unanimidade o recurso da familia do ditador. O Goberno poderá levalo ao camposanto de El Pardo- Mingorrubio. A decisión do Supremo é firme, pero a familia xa adiantou a súa intención de presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional.

Retirada da estatua ecuestre da Praza de España de Ferrol

A retirada dos restos de Franco ten un gran valor simbólico ao significar o fin dunha etapa de enaltecemento da persoa que encabezou o golpe de estado de 1936. A lenta eliminación deses símbolos do fascismo principiou o catro de xullo de 2002 co traslado da estatua ecuestre que presidía a entrada de Ferrol, a cidade natal do ditador.

Seguro que che interesa
Institucional

Publica o teu comentario agora