Acababamos reventados

Acababamos reventados
11 de Maio, 2020 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

Oliva González cóntanos como vivíu desde a súa profesión de peixeira a crise sanitaria. Agora volveu para ela a normalidade pero ao principio da alarma colleu medo na lonxa da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:

A crise sanitaria non lle fixo perder clientes pero o confinamento do principio levouno moi mal, con moitos nervios e con medo. Falamos con Oliva González, que ten venda de peixe en Barallobre pero tamén venda ambulante que chega ata O Salto no concello de Cabanas. Peixe fresco procedente da lonxa da Coruña e de todo un pouco, a prezos agora mesmo normalizados.

Oliva fálanos das tremendas condicións que tivo que pasar na lonxa da Coruña ao principio da alarma sanitaria. Erguíase ás 12,30 da noite. Ao chegar á lonxa medíanlles a temperatura e dábanlles un número para entrar. “Había que agardar ata as 5 da mañá para que entrase a primeira quenda de 20 persoas e tiñas só 15 minutos para comprar. Acababamos rebentados” confesa Oliva quen decidiu parar un tempo mentres seguiran aquelas condicións. O normal agora é erguerse ás 3,30h para ir á Coruña. A iso das 7,45 chega a Barallobre onde prepara e limpa o peixe antes de saír ás 9,30 a facer o percorrido coa furgoneta. Ten unhas paradas habituais que os seus clientes coñecen, clientes que non perdeu coa crise, máis ben ao contrario.

Mañá sairá coa furgoneta cargada de xurelo, parrocha ou pescada. O sábado levou langostinos, mexillóns e centolas. Por darnos unha referencia de prezos, o xurelo ía a 2,90 e a pescada a 6,90€. Oliva González é unha persoa solidaria. Na súa tenda na estrada do peirao en Barallobre, hai peixe para as familias que pasen por dificultades. Non lles faltará un peixe que levarse á boca.

Sociedade

Comentarios

Cheapest Levitra Online weeraken [url=https://cialisse.com/]Cialis[/url] errorndyef isotretinoin cheap internet with free shipping over night Pseuch <a href=https://cialisse.com/#>Cialis</a> Lalierap Cialis Quando Scade Brevetto
Nome: 
SaplelpEo

Publica o teu comentario agora