Acabar cos verquidos de fecais ao rio

As obras teñen un prazo de execución de dous meses
19 de Novembro, 2019 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene pon en marcha as obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo. A intervención conta cun orzamento cercano aos 48.000 euros, financiados con cargo ao superávit.

ESCOITA O PODCAST:

Fene está a levar a cabo obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo, en Perlío, cun investimento de 47.809,47 euros. A intervención arrancaba este mes cun prazo estimado de execución de 60 días, e financiarase con cargo ao superávit municipal. O obxectivo da actuación é poñer fín aos verquidos de augas fecais ao río Cádavo detectados por Augas de Galicia. Unha situación que levou ao Concello a analizar o estado da rede xunto a Viaqua, empresa concesionaria dos servizos de subministro de auga potable e saneamento de augas residuais.

Nesas inspeccións, constatouse o mal estado xeral do colector de evacuación de augas residuais, así como a existencia de varios aliviadoiros da rede de moi reducida cota de saída con vertedura directa ao río. Para poñer remedio, as obras contemplan a reconstrucción do colector de saneamento e a reposición dos firmes de calzada e pavimentos de beirarrúas afectados pola apertura das gabias, así como traballos de sinalización.

Institucional

Publica o teu comentario agora