aCadaCanto e A Quenlla presentarán disco no Lubicán

aCadaCanto e A Quenlla presentarán disco no Lubicán

16 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O ciclo Lubicán, a través do que se busca achegar ao público lugués a música feita por grupos galegos de diferentes estilos, botará a andar a súa sétima edición en febreiro coa presentación do novo disco de aCadaCanto, ‘A Rosa d’Adina’, homenaxe a Rosalía de Castro co gallo do 150 aniversario da publicación de ‘Cantares Gallegos’, e coa presentación do &u

Nun plano musical diferenciado ao do Lubicán, atópase ‘Sons Creativos’, un espazo de creación musical que aposta pola música de vangarda e pola súa difusión. Este programa, organizado polo Grupo de Creación Sonora da USC baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, chegará en 2014 á súa sexta edición.

O Festival de Teatro Universitario, que este ano acada a súa vixésima edición e o XII Encontro de Danza, que terán lugar en abril, así como o Curso de Primavera, que na súa décima edición abordará o concepto de violencia como o aspecto transversal á cultura e á historia da humanidade, e o Maratón Fotográfico do Campus de Lugo son outras das citas destacadas que se manteñen este ano no marco do Lugo Cultural.

Cultura