A Academia Galega do Audiovisual decidiu aos nomeados de 2008

A Academia Galega do Audiovisual decidiu aos nomeados de 2008

12 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A Presidenta da Academia Galega do Audiovisual, María Bouzas, presentou  a listaxe de finalistas da sétima edici&oa

Os galardóns, que nos últimos anos experimentaron un ascenso constante no número de participantes e de obras presentadas, contaron na presente edición coas candidaturas de 148 traballos para 12 categorías e de 465 profesionais para 16 categorías. O ano pasado, estas cifras foron de 121 traballos e 300 profesionais. Entre os films candidatos que optan a máis galardóns, destacan Pradolongo e A noite que deixou de chover con 6 nominacións e Os Mortos van a presa, que opta a 15 das categorías. Por outro lado, en televisión, Padre Casares resultou con 11 nominacións entre elas a de mellor interpretación masculina e mellor serie ficción, que comparte con Air Galicia, Os Atlánticos e Terras de Acolá.

 

 

A cerimonia de entrega celebrarase o xoves 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra. A dirección e guión do espectáculo corren a cargo de Jorge Coira e Carlos Portela, mentres que o deseño do cartel correu a cargo de Miguel Álvarez.Por outro lado, a presidenta da Academia Galega do Audiovisual desvelou tamén que Suso Montero recibirá o Premio de Honra Fernando Rey, que ten o obxectivo de recoñecer as traxectorias máis salientables no eido do audiovisual galego. O director artístico Suso Montero, pioneiro desta especialidade na Televisión de Galicia, foi o creador de infinidade de decorados para programas e series televisivas, así como para o cine e os escenarios teatrais.

Cultura