Accidentada inauguración do paseo fluvial da Barcala en Negreira

Accidentada inauguración do paseo fluvial da Barcala en Negreira

28 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os actos de inauguración do paseo fluvial do río Barcala, celebrados o pasado sábado en Negreira, rexistraron un suceso inesperado. Durante o xantar, na área recreativa de Covas, un veciño de 74 años sufriu unha parada cardíaca e tivo que ser reanimado por algún dos presentes e polo personal dunha ambulancia que se atopaba na zona. Vivíronse momentos de tensión e esceas de nerviosismo, sobre todo, pola gran aglomeración de xente qu

Jesús Rey Ferreiro, técnico do 061 e veciño de Negreira que participaba do xantar, fóra de servizo, foi un dos encargados de practicarlle a reanimación in situ. «Eu estaba alí cos amigos, e de repente vin que pasara algo nunha das carpas. Cando me acerquei, ofrecínme para axudar aos compañeiros da ambulancia, e botamos uns vinte minutos practicándolle unha masaxe cardíaca e coa axuda do desfibrilador logramos recuperarlle o pulso e a respiración», relatou. Posteriormente foi atendido polos médicos que se achegaron ao lugar ata ser trasladado ao Hospital Clínico de Santiago, a onde chegou inconsciente.

Para este técnico do 061, os coñecementos e a experiencia adquirida nos seus anos de traballo foron vitais para salvar a vida do home. Os familiares do setuaxenario agradeceron a colaboración cidadán e ao concello de Negreira por salvar a súa vida.

Sociedade