Accidente mortal ao fuxir dun control de alcoholemia

Accidente mortal ao fuxir dun control de alcoholemia

07 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Unha moza de 24 anos de idade faleceu este domingo nun accidente de tráfico en Culleredo (A Coruña) mentres que o condutor do vehículo, de 27 anos, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña moi grave. Segundo o relato dos Bombeiros de Arteixo, os feitos tiveron lugar ao redor das 8.30 horas no lugar da Corveira. Perseguidos pola Policía por saltarse un control de alcoholemia, invadiron o carril contrario na AC-215 e provocaron unha colisió

O taxista puido retirarse cara á beiravía e atópase en bo estado, pero os dous mozos do outro vehículo quedaron atrapados no interior e fixo falta a intervención dos Bombeiros para a súa excarceración. O control de alcoholemia estaba situado na Ponte da Pasaxe, na entrada da Coruña.

 

Sociedade