Accidente mortal nas inmediacións do porto exterior de Ferrol

Accidente mortal nas inmediacións do porto exterior de Ferrol

30 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un accidente laboral acabou coa vida do tripulante dun remolcador esta tarde nas inmediacións do porto exterior de Ferrol. Segundo as primeiras informacións, unha peza do buque saiu despedida tras engancharse no cabo co que se realizaba a manobra. Impactou no empregado e lle ocasionou a morte no acto.

Un traballador faleceu esta tarde durante unhas manobras de remolque en augas próximas ao porto exterior de Ferrol. A vítima é un operario asturiano, de iniciais M.L.P. e 51 anos, tripulante da remolcador Ría de Vigo. O sinistro produciuse minutos antes das tres da tarde, cando se executaban as manobras de remolque do buque China Steel Developer, con bandeira de Taiwan, cara á rada de Caneliñas, onde estaba previsto o atraque para reparación. Ao parecer, unha peza do remolcador saíu despedida tras quedar enganchada polo cabo co que se realizaba a manobra. O operario recibiu o impacto, causándolle a morte de xeito instantáneo.

Sociedade