Acertaron como nunca

Acertaron como nunca
17 de Febreiro, 2020 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

S.D. Barallobre 4- San Sadurniño 0. Pode parecer un resultado abultado pero moi merecido polos do Ramo que acertaron máis que nunca.

ESCOITA O PODCAST:

O vento tamén xogou no encontro Barallobre- San Sadurniño celebrado onte á tarde. O resultado 4-0 en favor dos locais podería facer crer que foi fácil pero non. O técnico Oscar Varela describe unha primeira parte xogando co vento en contra e sen chegar apenas á portería contraria. Acabandose a primeira metade, Pereiro da un pase a Caruncho que estrea o marcador co 1-0.

Na segunda parte o vento, que soplaba forte no Ramo, seguíu incidindo no partido aínda que o Barallobre xa se vía superior. O segundo tanto arrancou no disparo de Rubén que rexeita o porteiro, pero cóllea Garecho e entra entre os tres paus. Poñense 2-0. Rubén rouba, dispara, derríbano e o árbitro pita penalti que transforman e chega o 3-0 ao marcador.

O partido volvese tolo con discusións acaloradas, tarxetas… A falta de 10 minutos, outro derribo, outro penalti e Paolo marca o 4-0 definitivo. Aí morre o encontro que poidera parecer doado polo resultado, pero nada diso. Conclúe Varela que o San Sadurniño pelexou e o Barallobre tivo neste encontro o acerto que non tivo noutros.

“Pode que o resultado pareza abultado pero tamén foi merecido” en palabras do mister. Descansan na próxima xornada e despois, en quince dias ven o Estrella ao Ramo.

Deportes

Publica o teu comentario agora