Achégase un emocionante Maniños - Barallobre

Achégase un emocionante Maniños - Barallobre

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Maniños xogará este xoves un amistoso contra o Moeche no campo desa localidade. O venres adestrará en Limodre se chove e no Pote se se mantén o tempo seco. Prepárase con caracter intensivo o derby do domingo fronte ao Barallobre. O choque entre os equipos locais comezará ás cinco da tarde no campo do Pote. Espérase unha gran entrada.  Angel Mahía contará coa baixa de Dani Lago que se recupera dunha rotura de fibr

Pola súa banda o Barallobre espera poder recuperar xogadores para a visita do Pote. Nos dous últimos partidos Agustín Fernandez só poido acudir con 13 homes a cada un dos encontro, e a lista de baixas alcanzou ata 8 titulares. Para o domingo agarda contar con Pincho, Juan e Fonso, pezas cruciais no esquema táctico do equipo do Ramo. Será baixa por sanción Perico, e Lino é dúbida ata o último momento por obrigas laborais.

Deportes