AchegARTE contará coa participación do Terra Chá.Xa

AchegARTE contará coa participación do Terra Chá.Xa

19 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Terra Chá.Xa participará, como parte da Asociación de Medios Escritos en Galego (AME), na vindeira edición de AchegARTE, que terá lugar os días 28 e 29 de novembro en Palexco e no Kiosco Alfonso, en A Coruña.

AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega.

 

Nesta iniciativa se poderá desfrutar de teatro, música, artes plásticas, audiovisual, danza,  palabra cantada e falada.... pero tamén será o lugar onde se poida mercar un libro, música, cine, agasallos de Nadal; ou ter a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. AchegARTE ten unha programación para todos os públicos.

 

Culturgal

Este medio tamén acudirá, xa que forma parte da Asociación de Medios Escritos en Galego (AME), á vindeira edición de Culturgal, e ocupará, xunto con Vieiros, A Peneira, O Sil, A Nosa Terra, De Luns a Venres, Galicia Hoxe e Tempos Novos, o stand que a AME ocupará nesta feira organizada polo Concello de A Coruña.

Sociedade