Acondicionamento das praias de cara á Semana Santa

Acondicionamento das praias de cara á Semana Santa

11 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro inicia hoxe a limpeza e posta a punto das praias do municipio, a fin de ter os areais en óptimas condicións de cara ás vacacións da Semana Santa.

A Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, informou que as tarefas consisten na limpeza xeral dos areais, incluídos os paseos marítimos, e tamén as zonas verdes anexas, “incluíndo o monte de Mañóns, monte de Praia Xardín e as áreas verdes de Carragueiros e A Retorta”. Tamén se realizará a recollida de papeleiras e bidóns.

As praias incluídas son as seguintes: Barraña, Mañóns, A Retorta, Carragueiros, Ribeira Grande, Ribademar, praia do porto de Escarabote e praia de Peralto. A actuación, que se prolongará por un total de 19 días, foi adxudicada á empresa Javasan Excom, por un importe de 12.644 euros.

Igualmente, Francisca Suárez Lijó sinalou que, igual que tódolos anos, os baños de todas as praias permanecerán abertos toda a Semana Santa.

Sociedade