Acsur Galiza estrea en Compostela as curtas “Minar” e “Sempre foron cinco”

Acsur Galiza estrea en Compostela as curtas “Minar” e “Sempre foron cinco”

13 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A Galería Sargadelos de Santiago acolle ás sete desta tarde a presentación de dúas producións audiovisuais xurdidas do curso de vídeo participativo que a ONGD Acsur Galiza impartiu en xaneiro deste 2011, no marco do proxecto “Unha Economía para o Desenvolvemento”. Trátase de dúas curtas documentais, realizadas por persoas e colectivos galegos, vinculados á promoción da economí

O obxectivo do curso de vídeo participativo do que xurdiron ambas cintas era achegar a persoas e colectivos sociais interesados os coñecementos e ferramentas técnicas necesarias para elaborar materiais audiovisuais e difundir as súas propias mensaxes.

Isto é o que fan Minar e Sempre foron cinco, dous filmes que se presentarán ás sete desta tarde na Galería Sargadelos. Alí estarán os realizadores das curtas, os seus protagonistas, así como integrantes de Panxea e Acsur. Tamén está previsto que se distribúa material educativo, que contén as curtas, entre as persoas asistentes

Curtametraxes documentais

MINAR. 10 minutos. 2010. Ferrol.

Aborda o impacto do proxecto de explotación mineira en Pico Vello (As Pontes). A zona de Pico Vello está nas proximidades do Parque Natural Fragas do Eume e ao seu pé , atópase o que constitúe o único corredor ecolóxico entre o Parque Natural Fragas do Eume e Lugar de Interese Comunitario Xuvia-Castro, ámbolos dous incluídos xa na Rede Natura 2000. A posta en funcionamento da explotación mineira suporía a perda deste corredor ecolóxico e a destrución irreversible dun inmenso patrimonio natural e etnográfico (fragas, regos, brañas, muíños, ...). Esta explotación provocaría a eliminación definitiva e irreversible da fonte principal do río Belelle, afectando gravemente tanto á cantidade como á calidade das súas augas, das que se subministra unha poboación importante dos concellos de A Capela, Cabanas, Fene, Neda e Ferrol.

SEMPRE FORON CINCO. 15 minutos. 2011. Santiago de Compostela.

Fantástica homenaxe as avoas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que, a través da banca ética, poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida.

Cultura