ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A educación dos nenos non se restrinxe á escola. A formación inclúe outros espazos como as actividades extraescolares, comedor escolar, a familia, os medios de comunicación e a cidade. O director da revista Cadernos de Pedagoxía e sociólogo, Jaume Carbonell, afirma que estes eidos completan a socialización, relación, aprendizaxe de coñecementos e a educación dos menores. Ante isto, hai que acadar que estas activida
As administracións públicas deben procurar o acceso de todos os nenos e nenas a este tipo de actividades durante o curso pero tamén no verán, declara Carbonell. “Unhas tarefas, máis lúdicas, expresivas e deportivas que as da escola, que contribúen á reeducación integral do neno a nivel de desenrolo motor, sensorial e cognitivo”. Estas actividades tamén contribúen á conciliación laboral e familiar pero sempre que gocen de calidade e non se covertan nun mero aparcadoiro de nenos, subliña o sociólogo.
Analizando a actitude e comportamento da infancia actual, Carbonell albisca unha contradicción. Por unha banda, os cativos son adultos antes do debido, grazas ao acceso á información en idades temperás. Por outro lado, o alongamento da escolaridade obrigatoria redunda nunha maior protección. O estudoso advirte da excesiva presión á que está sometida a infancia. “A sociedade vai moi rápido e prodúcense cambios constantes. Este xeito de vida acelerada repercute nos menores pois requiren de tempos máis tranquilos” argumentou.
Coa chegada das novas tecnoloxías estáse a producir tamén un cambio na súa socialización. Resulta positiva no senso de compartir e intercambiar experiencias pero xurde a necesidade de regular a adicción do uso de redes sociais, internet ou videoxogos. Un exceso destas prácticas empobrece as relacións presenciais, asegura o sociólogo e engade que, “O que se gana por un terreo se perde por outro e cómpre regulalo desde o punto de vista educativo e familiar.