Activo un incendio en Xermade

Activo un incendio en Xermade

19 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Permanece activo un incendio forestal no municipio lugués de Xermade, parroquia de Roupar, e controlado outro neste mesmo concello. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas en ambas parroquia. 

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa de que permanece activo un incendio forestal no concello lugués de Xermade, parroquia de Roupar. Así mesmo, quedou controlado outro lume neste mesmo concello, parroquia de Xermade.
 
O lume que se orixinou na parroquia de Roupar comezou ás 21:47 horas de onte, martes, e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos traballos de control deste incendio participan 2 axentes forestais, 3 brigadas, 4 motobombas e 1 pa.

O incendio que afecta á parroquia de Xermade comezou ás 21:30 horas de onte, martes, e quedou controlado ás 8:22 horas desta mañá. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos labores de extinción están a traballar 2 axentes forestais, 3 brigadas e 3 motobombas.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Sociedade