Acto cidadá a prol do galego na Semana das Letras

Acto cidadá a prol do galego na Semana das Letras

13 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, e o concelleiro de Participación Cidadá e Normalización Lingüística, Manuel Santiago, presentaron as actividades promovidas polo Concello de Ferrol na “Semana das Letras” para conmemorar o Día das Letras Galegas, adicado neste 2011 a Lois Pereiro. A actividade central terá lugar mañá sábado, ás 20.30 horas no Teatro Jofre. Consisitirá nun Acto C

O programa, en cuxa elaboración colaboraron o Ateneo Ferrolán, a Asociación Fuco Buxán e a Asociación de Veciños O Rosario-Inferniño, terá como protagonistas a música e a poesía de Lois Pereiro. A música correrá a cargo do grupo Far away place, unha formación nada nos Locais de Ensaio da Magdalena e composta por cinco mozos menores de 18 anos. Helga Méndez e Ánxeles Seoane darán lectura aos poemas do homenaxeado neste 17 de Maio. A lectura do manifesto a prol da lingua recaerá en Elia Rico, presidenta da Sociedade Medulio e Lino Braxe, compañeiro artístico de Lois Pereiro, fará a súa semblanza. O Acto Cidadá contará coa presenza de Inés, a irmá de Lois Pereiro, profesora de Latín no IES Concepción Arenal, e nel proxectaranse imaxes do arquivo da familia de Lois Pereiro cedidas ao Concello de Ferrol a través do convenio de colaboración asinado recentemente con Xosé Manuel Pereiro.

O peche do acto consistirá na interpretación novidosa do Himno Galego a cargo do gaiteiro Víctor Agulló e as corais Alecrín, Airiños de Caranza e a Coral Polifónica de San Pablo, dirixidas por Narciso Pillo.

Por outra banda, o 17 de Maio o Teatro Jofre acollerá a celebración do Concerto das Letras Galegas, no que Roi Casal prtesentará o seu último álbum Maxicamente Vello.

Cultura