A actriz Fusa Guillén é a protagonista hoxe dos actos do Día das Letras Galegas que se organizan en Melide

A actriz Fusa Guillén é a protagonista hoxe dos actos do Día das Letras Galegas que se organizan en Melide

13 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Fusa Guillén actuará nesta xornada na biblioteca municipal de Melide dentro dos actos das Letras Galegas, artellados pola Concellaría de Cultura. Dentro do mesmo programa, mañá xoves contará contos Celso Fernández Sanmartín. Trátase de actos especialmente dirixidos a estudantes. Polas tardes, a programación cultural abrirase a todos os púb

O mércores, Claudio Rodríguez Fer falará no Multiusos ás oito e media da tarde de Piñeiro como filósofo da poesía. Para o domingo 17, día da propia celebración das Letras, o Concello de Melide escolleu a homenaxe a Piñeiro a través da música, cun recital de poemas do autor que será ofrecido polo poeta Baldo Ramos, acompañado coa guitarra barroca de Víctor Blanco, a partir das seis e media da tarde no Edificio Multiusos. O 18 de maio está organizada unha conferencia de Marilar Aleixandre para alumnado de Bacharelato e o día 19 a compañía Trinke-Trinke contará contos aos máis pequenos na biblioteca municipal.

Segundo a concelleira de Cultura e Normalización Lingüística, Conchi Castro, “a celebración do Día das Letras debe servirnos para manter durante todo o ano a inquietude dunha programación cultural en galego para público infantil e adulto, máis aló da data do 17 de maio”. A edil nacionalista destacou, de entre estas iniciativas, a edición do monográfico sobre a figura de Piñeiro, no que se recollen tamén todas as actividades de programación municipal para estas dúas semanas.

Así mesmo, o Concello de Melide estableceu xa contactos co IES de Melide para organizar unha nova edición do Correlingua polas rúas de Melide que se celebrará o día 29 de maio.

 

Cultura