A actuación de Jorge González, premio do concurso Cantaferrol

A actuación de Jorge González, premio do concurso Cantaferrol

05 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cantante Jorge Gonzalez, finalista do concurso "La voz" de Telecinco visita de novo Ferrol. O artista madrileño actuará  no IES Carballo Calero de Ferrol este venres  día 7 de xuño ás 12:30 da mañá, como premio  do concurso "Cantaferrol" organizado pola Concelleria de Xuventude do Concello de Ferrol e que se desenvolveu a tarde do pasado sábado 6 de abril nunha gala que abarrotou a praza de Amboage de novos es

A gañadora Miriam Rodriguez  ademais do premio en metálico e un curso de canto gratuíto, tamén obtivo a posibilidade de elixir a un dos membros do xurado formado por Paco Arroxo, Javi Mota así como o electo Jorge Gonzalez para actuar no seu centro educativo e premiar así a todos os seus compañeiros.
A gañadora do  concurso Cantaferrol converteuse nestes meses en toda unha estrela para os seus compañeiros por iso será a encargada de empezar o espectáculo cunha actuación de 30 minutos previa á do finalista de "A voz" co que tamén compartirá un dueto.
Aproveitando a visita á cidade, Jorge Gonzalez actuará a mesma noite do venres na sala Nova Imperial sita no polígono da Gándara en Narón, para todos aqueles interesados en escoitalo dado que a actuación no IES Carballo Calero será exclusiva para os alumnos e alumnas deste centro.

Sociedade