Actuación do Grupo de música antiga Meendinho en San Simón

Actuación do Grupo de música antiga Meendinho en San Simón

21 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A música antiga e medieval volverá soar esta fin de semana na Illa dentro do programa Espazos Sonoros da Consellería de Cultura. A actuación será as 19:00 horas do sábado con entrada de balde. Para asistir é preciso reservar praza nunha das embarcacións que durante a xornada se trasladan á San Simón dende o peirao de San Adrián de Cobres en Vilaboa.

Fundado pola musicóloga e cantante Paulina Ceremuzynska, o grupo Meendinho especialízase na interpretación da música medieval, sobre todo a procedente da tradición trobadoresca. O grupo conta con interpretes especializados, con ampla experiencia na música antiga e medieval, formados nos mellores centros europeos. Así como indica o seu nome, escollido como homenaxe a un dos máis antigos e destacados representantes da tradición trobadoresca galega, a formación aborda nos seus programas unha rigorosa e ao mesmo tempo creativa recuperación das músicas hoxe perdidas. Ao mesmo tempo Meendinho escolle músicas do repertorio medieval máis coñecidas para mostralas dende diferentes perspectivas, contribuíndo a mostrar desta maneira a gran beleza musical e a difundir a riqueza dos antigos repertorios.

 

Os interesados saiban que deben reservar no teléfono 986 90 38 84 ou ben a través da central de reservas da  páxina web www.illadesansimon.org

Cultura