A actual ilustración galega dase cita en Vigo

A actual ilustración galega dase cita en Vigo

11 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"Ilustradots: 50 ilustradores galegos actuais" presentase este venres 12 de decembro ás 20:00h na Estación Coworkin, Berdiales 39, Vigo. O libro presentase nun evento no que estarán presentes algúns dos ilustradores e no que os mecenas, grazas aos que se pode sacar adiante a publicación, poderán recoller a "recompesa". Así mesmo, estarán expostas láminas de todos os ilustradores e poranse á venda al

Hai case dez anos do nacemento da Revista Dot coa intención de mostrar todas as cousas interesantes que se fan en Galicia.: Arte, música, moda, unha infinidade de disciplinas nas que os creadores galegos se amósan ao nivel dos artistas máis destacados. Aproveitando que no 2015 Dot cumprirá dez anos, e tendo en conta o merecido auxe e recoñecemento que está a adquirir o mundo da ilustración, publicase este libro recompilatorio con 50 dos ilustradores e ilustradoras galegos máis interesantes do momento. Todo iso grazas ás colaboracións conseguidas por medio dun crowdfounding. 

"Ilustradots: 50 ilustradores galegos actuais" é o primeiro libro recompilatorio de ilustracion galega actual cos 50 ilustradores galegos máis interesantes do momento, que deixan patente que a ilustración galega está a pasar    por un período dourado no que se atopa unha "xeración" envexable de artistas.

Artistas xa consagrados e ilustradores emerxentes implícanse neste proxecto para editar un libro no que se presentan un a un, cunha breve descrición sobre o seu traballo e unha mostra das súas obras, nunha publicación de máis de 200 páxinas a cor en tamaño A5 con máis de 250 ilustracións incríbles para amosar a calidade do panorama galego na actualidade.
                          

Listaxe de ilustradores:

Julia Abalde, Xiana Alonso, Roberto Argüelles, Guillermo Arias, Cinta Arribas, Carlos Arroxo, Raul Bermudez, Os Bravú, Michel Casado, Alba Casanova, Sergio Covelo, Nuria Diaz, Pedro Díaz, Federico Fernandez, Berto Fojo, Cristobal Fortunez, Denís Galocha, Alberto García Ariza, Silvia García, Xose Lois García, Jano, Humber jumber, Santi Jimenez, Bea Lobo, Rebeca Losada, Andrés Magán, David Mendez Alonso, Arturo Mosquera, Nano4814, María Nóvoa, Santiago Paredes, Sara Pazos, Perrucas, David Pintor, Pirusca, Miguel Porto, Bernal Prieto, Ivan R, Sr. Reny, Chus Vermello, Roque Romeu, David Rubín, David Sierra, Tayone, Natalia Umpierrez, Alberto Vázquez, Nando Vazquez, Óscar Villan, María Viñas, Santi Zubizarreta.

Sociedade