Acusan a Lidl dun despido indecente e inmoral

Acusan a Lidl dun despido indecente e inmoral

15 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Ducias de traballadores concentráronse esta mañá fronte aos centros da multinacional da alimentación Lidl en Ourense en protesta polo despedimento dunha empregada acusada de roubar unhas papas para a súa filla. A empregada foi acusada de coller unhas “papas de cereais” de bebé para os seus fillos a última hora da tarde cando a caixa xa estaba pechada, polo que non puido facer efectivo o pago por un importe de 2,90 euros, “sendo intenci&

Dende a Confederación Intersindical Galega rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade. As mobilizacións desenvolvéronse diante dos centros de traballo de O Fonsillón-Barbadás e Casardomato despois de que a compañía de alimentación rexeitase buscar unha saída negociada á situación. Dende a CIG de Ourense consideran desproporcionada e inmoral a actuación da multinacional alemá Lidl e lembran que a traballadora tiña contrato fixo e levaba 10 anos no centro de traballo da Valenzá.

O responsábel comarcal da federación de Servizos da CIG de Ourense, Carlos Vázquez, e o secretario comarcal da central nacionalista, Etelvino Blanco, censuran o que entenden como unha decisión totalmente desproporcionada e critican o feito de que non se teña en conta as razóns dadas pola traballadora, “que fora requirida pola súa nai para recordarlle que necesitaba a papa para darlle de cear ás súas fillas”.

Diante disto, dende a CIG denuncian o que consideran unha actuación inmoral da multinacional, que aproveitou esta situación para desfacerse dunha traballadora fixa que ao longo de 10 anos demostrou unha total profesionalidade e entrega ao seu traballo. “A pesar dos nosos intentos por intentar chegar a acordos coa empresa, a negativa da mesma ao diálogo fixo imposíbel atopar unha solución”.

Finalmente, anuncian que “ante o inxusto trato sufrido pola traballadora e dado que está en xogo a súa dignidade e o pan dos seus fillos seguirán coas mobilizacións contra a empresa até lograr un acordo que dignifique a profesionalidade da traballadora”.

Sociedade