Ad Libitum inaugura o ciclo de teatro do Círculo de Perlío

Ad Libitum inaugura o ciclo de teatro do Círculo de Perlío

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha Mansion-comedor dunha casa indiana onde se reúnen os amantes que habitan nos anos 40. Este é o escenario onde transcorre a peza teatral "A Mansion" que representa este sábado a compañía Ad Libitum no Círculo de Perlío. Arrinca así un ciclo de xornadas de teatro que se desenvolverán nas fins de semana de outubro e novembro.

Ad Libitum, estrea un ciclo escenificando na entidade de Perlío a obra "A Mansion", baseada no libro da asturiana Pilar Murillo. Na representación dúas parellas, un matrimonio e un banqueiro coa súa amante disertan sobre as verdadeiras razóns de porque se atopan na casa.

O director e actor de Ad Libitum, Yuyi sinalou en Radiofusión que "A Mansion" é unha peza cómica. Buscan o desfrute pois é o que lles demanda o público. O reparto desta compañía de teatro afeizoados complétase cos actores e actrices Fany, Loli, Xosé Cabanas e Anuska.

Están a rodar pola comarca coa peza que porán en escea este sábado no Círculo de Perlío e con "A miña muller e o fontaneiro" coa que levan 60 representacións e dous anos enriba dos escenarios. De feito hai un gran movemento das compañías non profesionais. Segundo Yuyi teñen todo cuberto ata finais de anos.

A cita con Ad Libitum e coa súa obra "A Mansion" este sábado, 3 de outubro, ás oito e media no Círculo de Perlío. As gargallada están aseguradas.

Cultura