ADEGA: “A Xunta emula ao franquismo co secado e sangrado da Lagoa da Frouxeira”

ADEGA: “A Xunta emula ao franquismo co secado e sangrado da Lagoa da Frouxeira”

11 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

ADEGA vén de denunciar o grave atentado ecolóxico perpetrado contra da lagoa da Frouxeira en Valdoviño consistente na apertura, sangrado e desecado desta coa autorización e dirección de responsábeis e persoal da Consellería do Medio Rural, afectando gravemente ao humidal protexido e a especies ameazadas. Estas operacións, efectuadas en pleno LIC e ZEPA da Costa Ártabra, tiveron lugar entre novembro e decembro de 2009, sendo a última apert

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería do Medio Rural, é o organismo encarregado da conservación da biodiversidade e dos espazos naturais. Segundo os ecoloxistas, é a responsábel e executora da destrución da Frouxeira. ADEGA denuncia o que cualifica como menosprezo do estatus de protección do humidal derivado das 5 figuras de protección que posúe  A Frouxeira. Para a asociación, Medio Rural obviou as normativas referentes á protección de especies protexidas e catalogadas e incumpriu abertamente as disposicións da normativa europea e estatal referente á protección de hábitats prioritarios.

A Xunta autorizou e executou  no humidal a apertura, sangrado e baleirado da lagoa, as mesmas actuacións que os técnicos franquistas utilizaron hai máis de 50 anos para o desecamento e destrución de numerosos humidais galegos. No franquismo xustificábanse estas actuacións pola consideración de improdutivos e de insalubres dos humidais, produto dun falso desarrollismo, cultivador da ignorancia e da ocultación das vantaxes das zonas húmidas. Para a asociación ecolóxica, esta política está a ter continuidade nas actuacións da Xunta de Galiza quen argumenta nas súas declaracións escusas tais como a inundación temporal dun paseo marítimo mal construído, os problemas de tráfico rodado, ou a inundación parcial e temporal de terreos que ordinariamente fican asolagados. Argumentos que de acordo coa Directiva Hábitat e a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, non poden ser utilizados para aprobar e executar medidas que supoñan a alteración de hábitats prioritarios, como acontece na Frouxeira.

As modificacións do nivel de inundación invernal teñen ademáis un efecto moi negativo sobre o período de invernada e cría das aves acuáticas. ADEGA sinala nun comunicado que denunciará estos feitos ante a oficina de Ramsar, ante a Comisión Europea e ante o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño.

Sociedade